Cabuxa

Pezas Únicas en pel co selo Artesanía de Galicia. A exclusividade do auténtico.

No anterior post falabamos das feiras profesionais e de que forma marcan as novas tendencias de cada tempada. Para os que “caminan” alleos aos dictámenes da “moda de masas” e optan por primar a calidade da expresión artística e a exclusividade, na nosa tenda en liña abrimos puntualmente a sección Pezas Únicas, un pequeno escaparate con creacións en pel que, polo seu deseño, textura, tratamento e elaboración, son irrepetibles.

En estas pezas, o proceso de elaboración é totalmente individualizado; cada aplique, detalle, remate e deseño execútase unha única vez combinando os usos tradicionais coas técnicas máis innovadoras. Creacións que, a través da pegada primixenia da marca, representan a expresión máis pura de creatividade, arte e oficio artesano.

Por propia natureza, cada peza única expóñase no noso escaparate en liña só de forma temporal; coa súa adquisición destrúese o boceto inicial e entrégase unha carta de autor certificando a exclusividade e a garantía de peza irrepetible.

No taller intentamos buscar un equilibrio entre creación, artesanía e produción, ofrecendo dúas liñas diferentes de venda ao noso público: Coleccións con pezas coordinadas de produción limitada -bolsos, carteiras, mochilas, accesorios en pel e coiro,…- e Pezas Únicas que elaboramos como encargos personalizados ou exponemos na nosa sección temporal na tenda en liña de Cabuxa.

Todas e cada unha delas (Coleccións e Pezas Únicas) son o resultado dun traballo minucioso e artesano, recoñecidas co selo Artesanía de Galicia (Artesanía de Galicia).