Cabuxa

Outlet Cabuxa. Descontos en pezas de pel.

Hoxe queremos presentarvos o noso outlet Cabuxa. Unha zona de desconto en liña onde adquirir as últimas pezas das nosas coleccións ilustradas por autores como Leandro Lamas ou Vanesa Datorre, con descontos moi interesantes.

Aínda que seguro que moitos xa coñecedes esta fórmula de venda, queremos puntualizar que, a diferenza doutras “oportunidades de desconto” que podemos atopar en diferentes sectores, todas as pezas do outlet Cabuxa forman parte das nosas coleccións de cabeceira e que, por descatalogación das mesmas e/ou stock de últimas unidades, chegan ao noso outlet con prezos moi rebaixados. Ningunha destas pezas presenta defectos de produción ou taras, nin foron fabricadas específicamente para ser produto de venda a baixo prezo; unha vez esgotadas, retíranse da venda.

Todos os artigos do outlet Cabuxa son producidos co mesmo coidado e cariño co que creamos as nosas coleccións e, como todas as nosas creacións, tamén contan co selo Artesanía de Galicia. Date unha volta pola nosa tenda en liña se queres aproveitar as últimas pezas das coleccións Cabuxa con descontos de ata o 40%. Só por tempo limitado. ¡Agardamos que as desfrutes!