Cabuxa

Novas coleccións Cabuxa en Bisutex, Salón Internacional da Bixutería e Complementos

Despois duns meses de verán intensos, faime moitísima ilusión compartir con vós a nosa particular volta ao cole A nova tempada chega a Cabuxa cargadiña de novedades e coleccións en piel ue do 12 ao 16 de setembro presentaremos en Bisutex, o Salón Internacional da Bixutería e Complementos de Madrid. Bisutex reunirá a máis de 300 expositores nun escaparate de 9.000 m² para presentar as últimas tendencias en moda e complementos o sector; un referente internacional para o cal a nosa cabriña preparou os seus mellores deseños. Adiantámosvos os detalles das novas coleccións e algunhas sorpresas…

Desde Galicia e parafraseando o dito “de Madrid ao ceo”, a colección Nebulosas chegará á capital con pezas de deseño propio e imaxes macro que reproducen a impresionante beleza de estrelas e constelacións estampadas sobre pel. Una colección de moedeiros e bolsos de man confeccionados en pel bovina, moi versátiles e perfectos para engadir un toque estelar a calquera ‘look(https://www.instagram.com/cabuxa/). O hipnótico cromatismo das estrelas inspíranos no lanzamento dunha das sorpresas que tamén nos levamos a Madrid e que moi pronto estará dispoñíbel na nosa tenda en liña. Trátase da primeira liña Cabuxa de pendentes, colares e gargantillas que combinan pel e prata de lei; pequenos accesorios de coidada elaboración artesá engarzados en prata, que xunto cos broches de bolboretas, coleteros, chaveiros ou as clásicas pinzas do pelo, son a excusa perfecta para visitar a web e facer un agasallo ideal a prezo fantástico.

Volvendo ás novas coleccións que presentaremos en Bisutex, Os Soños de Catalina compartirá protagonismo cos estilos máis románticos e naif. Unha deliciosa colección ilustrada pola internacional Nerina Canzi que reproducimos de forma indeleble sobre pel para garantir o seu tacto orixinal e preservar a viveza orixinal das cores. Unha selección de pezas moi femininas composta por bolsos de ombreiro, moedeiros e complementos nos que a elaboración tradicional e o selo de calidade ‘Artesanía de Galicia’ se fan patentes en cada un dos detalles de ensamblado e confección artesá (Mundo Cabuxa).

Se vos quedastes con ganas de máis, adiantámosvos outra sorpresa que os que estivestes en Mostrart xa puidestes descubrir. Referímonos aos cordóns Cabuxa en pel para calzado. O novo ‘must-have’ d@s amantes das zapatillas deportivas e unha forma súper orixinal de personalizar e dar nova vida a calquera zapato de cordóns. laborados a man en pel con ilustracións das nosas coleccións máis emblemáticas, son resistentes á humidade e o complemento máis orixinal da tempada. Moi pronto tamén na web.

Estamos súper emocionados coa nova tempada e coa nosa presentación, un ano máis, no salón de referencia en tendencias, moda, bixutería e complementos. Vémonos en Bisutex, stand 8B49, do 12 ao 16 de setembro!