• París, Bijorhca, (06 – 09, septiembre – PAB. 5 – F90)
• Madrid, Bisutex (12 – 15, septiembre – PAB. 4 – 4B 47)
Case a punto de despedir o verán, para moitos a chegada de setembro significa volta á normalidade, madrugóns, rutina laboral… Para Cabuxa estes son días de presentación das novas creacións en complementos, accesorios e coleccións nas que estivemos traballando durante meses para a nosa participación nas feiras do sector E si, dicimos ‘feiras’ porque este ano, ademais da nosa habitual asistencia a Bisutex – Salón Internacional da bixutería e os complementos,temos outro gran evento internacional marcado na nosa axenda de pel. axeda de pel.
Como xa sabedes os que seguides o noso blog, Bisutex é a cita profesional de referencia en complementos, un encontro que esta edición prevé reunir en Ifema (Madrid) a máis de 500 marcas, 20 países e 9.000 visitantes nos días 12 e 15 de setembro. E un ano máis, alí estará Cabuxa cunha selección de bolsos de pel con con ilustracións de autor, pezas únicas, complementos con estampacións indelebles e bixutería en pel e prata de primeira lei… creacións todas elas avaladas co selo Artesanía de Galicia -entidade pública que garante e recoñece a calidade artística e artesanal de pezas elaboradas con técnicas e oficios de tradición secular-
Uns días antes, a cidade de París espéranos para a inauguración de Bijorhca – Salón Internacional de Xoiería que abrirá as súas portas do 6 ao 9.. Un evento cunha afluencia prevista de 12.000 compradores, ao que acudirán grandes firmas internacionais coas novidades da tempada outono inverno 2019-20. A nosa cabriña chegará á cita coas nosas creacións de Arte na pel e dúas novas coleccións. A primeira delas, Mariposas, está composta por unha selección de pezas de marroquinería que inundará de cor, optimismo e natureza o pavillón francés; broches e accesorios inspirados na riqueza cromática do outono, con dúas liñas en tons verdes de clave ‘chartreuse’, e burdeos.
París é tamén o escenario elixido para a presentación en primicia dunha das nosas coleccións máis especiais, Mujeres; unha selección dual bolsos en formas puras e execución artesá, e bixutería de pel e prata composta por pendentes, colgantes e gargantillas. Deseñada en tons sobrios e execución minimalista, Mujeres está ilustrada con signos e expresións que convidan á reflexión e dan visibilidade á actual conxuntura social da muller. Unha colección comprometida que se presenta como un revulsivo do empoderamento feminino, -como non,- tamén no mundo da moda e os complementos.
En próximos posts contarémosvos todos os detalles destas novas creacións e a súa acollida nas feiras Hoxe, a escasos días da nosa cita en París, o taller convertiuse nun ir e vir de coleccións, certificados, acreditacións, transportistas… Mentres tanto, para os que quedastes con ganas de máis Arte na pel, lembrade que “sempre nos quedará a web” 😉




