Cabuxa

O bolso perfecto (non) existe.

Un bolso é moito máis que un complemento de moda; é unha extensión íntima, un espazo persoal, unha ‘casita’ onde aloxamos a identidade da nosa vida móbil, o tocador portátil de eventos importantes e o contedor ‘imperdíbel’ de documentos e arquivos de traballo… Abonda con observar a diversidade de estilos de vida para entender que non existe o bolso ‘perfecto’, senón o ‘bolso perfecto para cada ocasión e cada persoa’. En Cabuxa damosvos algunhas pistas dos modelos máis buscados.

  • Bolso bomboneira, o revival dos noventa. Compacto e versátil, o bolso saco ou bucket regresou con forza nas últimas tempadas. Xa sexa polo seu peche axustábel e xenerosa capacidade, ou polas súas asas regulábeis que permiten cruzalo ás costas ou ao ombro, o bolso bomboneira converteuse nun must ‘noventeiro’ de influencers e instagramers. Na nosa tenda en liña atoparás modelos elaborados a man en pel vacún con ilustracións indelebles e detalles de confección como o peto interior, os cantos lustrados a man, ou o botón de peche oculto, que o converten nun complemento de deseño práctico e funcional.
  • Bandolera, protagonista ‘casual’. Un clásico que amamos e que nunca pasa de moda. As distintas opcións de peche -lapela, botón de presión ou cremalleira- e asas regulábeis, convérteno no todoterreo dos complementos. Para reunións informais, tardes de compras, ou mesmo como compañeiro de oficina ou saídas nocturnas, un bolso bandoleira é un básico de armario que nunca debe faltar. En Cabuxa preparamos unha selección de modelos moi ‘casual’ con distintos acabados, elaborados a man baixo o selo ‘Artesanía de Galicia’ e estampados con ilustracións exclusivas de artistas como Leandro Lamas, Nerina Canzi ou Raquel Díaz Reguera.
  • Bolsos de ombreiro para o día a día. A lonxitude xusta da asa (a imprescindíbel para colgar ao ombro) é clave neste tipo de bolso no que a súa capacidade marca a diferenza. En Cabuxa atoparás desde modelos de xenerosas dimensións nas coleccións ‘Bebendo de ti’, ‘Carpe Diem’ e ‘Jazz’, até bolsos de ombreiro de tamaño máis contido e asa extraíbel que permite convertelo nun práctico -e moi poñíbel- bolso de man.
  • Clutch, o rei da festa. Nacido para ser protagonista de eventos e cerimonias, hoxe o bolso de man foi tomando posicións en practicamente calquera estilo e ocasión. Non só son especialmente prácticos e manexábeis senón que o seu pequeno tamaño os converteu no complemento perfecto de moda e estilo. O noso modelo ‘Kike’, dispoñíbel nas coleccións ‘Carpe Diem’ e ‘O pasatempo dos príncipes’, é un bolso tipo baguette para levar con asa de man ou baixo o brazo. Confeccionado 100% en pel de vacún e forrado en pecarí, namorarate polo seu marcado deseño feminino.

O bolso ideal é a materialización dos desexos e necesidades de cada estilo de vida. En Cabuxa convertimos eses anhelos en bolsos perfectos para necesidades concretas; complementos de artesanía en pel, indelebles ao paso do tempo e as modas que, en definitiva, son manifestos infinitamente optimistas. ¡Que os gocedes!