Cando falamos de organizar o bolso, véñennos á cabeza dous tipos de persoas: as que o converten nun maremagnum de tickets, tarxetas, accesorios, libretas; e as que ordenan con precisión até o máis mínimo compartimento. Sexas cal sexas, quizais esteas pensando en renovar a túa vella carteira, ou quizais en facer un agasallo a esa persoa cuxo bolso está pedindo un cambio a berros… A estas alturas do ano e co Nadal asomando polas rúas, adiantar as compras permite acceder a descontos como o que ofrecemos en Cabuxa.
Durante todo este mes de novembro tes un 10% de desconto en bolsos, coleccións e accesorios en pel da nosa tenda en liña. Unha oportunidade fantástica para actualizar os teus complementos, darte ese capricho a prezo rebaixado ou adiantar as túas compras de Nadal elixindo os agasallos sen présa e comodamente desde a túa casa.
Recomendámosche que lle botes un ollo ás novas coleccións onde atoparás desde pezas inspiradas na época dourada da cultura do jazz, até bandoleiras, bomboneiras, portadocumentos, clutchs e coxíns con ilustracións orixinais estampadas na propia pel e asinadas por artistas tan destacados como Raquel Díaz Reguera, Leandro Lamas, Nerina Canzi ou o internacional Yoshiro Tachibana. E lembra, todas as pezas Cabuxa son edicións limitadas ou pezas únicas, producidas de forma artesanal e recoñecidas co selo de calidade “Artesanía de Galicia”.
Organizar os agasallos de Nadal agora é moito máis doado porque insertando o código MISREGALOS2017 tes un 10% de desconto en todas as túas compras de artesanía en pel. Só até o 30 de novembro Unha oportunidade “10” que non podes perder.




