Na nosa escapada a Londres visitamos os ‘must seen’ da cidade, descubrimos pequenos rincones cheos de creatividade e nos atopamos cunha boa sorpresa… (echade un ollo á imaxe :).
O noso punto de partida foi o entorno de Camden Town, un barrio histórico e pintoresco onde artistas caleeiros comparten espazo con tendas e mercados de todo tipo.
Visitas imprescindibles foron Big Ben, Palacio de Westminster e Tower Bridge, símbolos emblemáticos da cidade onde se adiviña o rico pasado victoriano… aínda que para descubrir tesouros, nada mellor que dase unha volta polo Victoria & Albert Museum, ¡o museo de arte e deseño máis grande do mundo!… simplemente impresionante.
Tras o noso percorrido polo Londres máis turístico, quisimos coñecer a parte máis cool da cidade, e que mellor que facelo da man de Banksy -referente do ‘urban street art’- dando unha volta polo túnel de graffitis e a súa iconoclasta tenda.
Arte, diversión, cultura, ocio e negocio…, Londres é un daqueles destinos que ninguén debería perderse.
¡Nós prometemos volver!




