A capacidade de traspasar emocións a través da pintura vai máis alá da técnica ou da estrita formación académica. En Cabuxa creamos a nosa Galería de Artistas para dar cabida a ilustradores de todos os estilos. Só temos unha premisa: que o discurso creativo destile emoción. Porque como artesáns traballamos o valor do auténtico con artistas capaces de emocionar non só pola maestría do seu trazo ou pola habilidade de contar historias, senón tamén pola calidade humana que envolve a obra. Artistas que como Teresa Roza Cuevas fixeron da súa vida unha enorme obra de arte.
Autodidacta de formación e artista de vocación, Teresa Roza Cuevas foi unha entusiasta das artes decorativas, actividade que desenvolveu mentres se entregaba á súa gran paixón: ser nai a tempo completo. Pero as inquietudes de Teresa ían máis alá e a súa enorme humanidade e capacidade de entrega levárona a ser unha altruísta incansable, volcada sempre nos demais.
A principios dos anos 2000 trasladouse coa súa familia a unha pequena aldea do sur de Galicia. Alí coñece a labor dun colexio de educación especial para adultos, onde descubre un entorno aberto á expresión artística no que poder aportar a súa entrega desinteresada. Convencida do poder sensorial da arte, comezou a traballar a plasticidade, o color e un linguaxe pictórica propia que estimulaba as capacidades creativas dos seus alumnos. O seu compromiso co voluntariado no centro levouna a crear un estilo naif particular de cores intensas e un puntillismo intuitivo que deixou plasmado en cadros como O bosque de Eva, un canto á alegría e á sensibilidade dun “mundo especial”. Un mundo ao que alumnos como Eva lle abriran as portas de par en par
Teresa foi nai, esposa, artista, viaxeira e soñadora, coidadora incansable, amiga e compañeira, pero sobre todo, un exemplo de vida e humildade. Descubrir a súa faceta pictórica foi para nós un verdadeiro flechazo; a explosión de cores, a minuciosidade do seu trazo e o linguaxe vívido e poético das súas composicións namoráronos dende o principio. E ante o humilde sonroxo da artista, a súa obra Primavera pasou a ilustrar unha das nosas coleccións de cabeceira.
Teresa déixanos un marabilloso legado artístico e vital. As súas obras son “expresións de amor” que trascienden unha profunda calidade humana volcada na felicidade de todos os que a coñecemos.
In memoriam, Teresa Roza Cuevas.




