Cabuxa

O Xardín dos Soños, colección ilustrada por Penélope Moreno – colectivo PeKolejo

Como moitos de vós xa sabedes, a nosa cabra pasa estes días na Feira de Artesanía de Cáceres, unha cidade declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco, onde se descobre un marabilloso crisol de culturas e tradicións centenarias. Cáceres é tamén a cidade da nosa artista Penélope Moreno, gañadora da pasada edición ‘Xóvenes Creadores’ que puntualmente convocamos desde Cabuxa para a selección de obras inéditas dos artistas que ilustran as nosas coleccións.

Na súa obra The Garden of the Dreams, a multifacética Penélope Moreno dá vida a un marabilloso xardín de plantas carnívoras e personaxes fantásticos cun trazo áxil e minucioso que nos transporta a un mundo onírico inquietantemente belo. Penélope é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Granada e dende os seus inicios, volcada no mundo da ilustración e da pintura a través de PeKolejo, un colectivo artístico chileno-español dedicado á pintura mural, á ilustración e ás artes gráficas. Como o mesmo colectivo se define, as súas imaxes tratan de “revelar unha visión peculiar da realidade con formas e personaxes auténticos, en situacións satíricas e surrealistas, onde o espectador disfruta contemplando un mundo cheo de estímulos visuais, cor e detallismo gráfico”.

Para o deseño da nosa colección The Garden of the Dreams (enlace á colección), en Cabuxa decidimos que o clutch sería a peza protagonista. Na súa confección seleccionamos unha pel de vacún tintada en negro, na cal se imprime a ilustración; o interior, forrado en liño natural, contén un amplo bolsillo con cremalleira que multiplica a funcionalidade da peza. A colección ofrece distintos tamaños de clutch deseñados para levar ao ombro cunha cadea, ou ben como bolso carteira de man.

Unha peza moi versátil que, como xa nos demostrou a bloguera Gabrielle no seu post, aporta un exquisito punto de diferenciación nos looks clásicos e é un accesorio imprescindible de outfits como o que ilustra a imaxe deste post. En Cabuxa encántanos fusionar as novas tendencias artísticas co noso traballo artesán en pel, unha fórmula que nos permite preservar a alta calidade das nosas coleccións recoñecidas co selo Artesanía de Galicia, sen perder de vista os musts da tempada.