Non se necesita ser unha fashionista nin unha experta en moda para intuir que os entresijos deste mundo os dirixe unha (casi) febril ansiedade consumista. A ditadura das tendencias é talvez unha das demostrazóns máis feroces da inmediatez do consumo; sorprende a rapidez coa que as tendencias aparecen de repente facendo un enorme estruendo para logo desaparecer baixo un novo credo creativo, esquecidas polos mesmos fashionistas que a encumbraron.
En Cabuxa mantémonos afastados deste atribulado mundo, confeccionando pezas únicas e coleccións limitadas segundo criterios artísticos. Porque o noso non é unha tendencia, é artesanía en pel, un oficio polo que pronunciamos un enorme respecto. Por iso, ler que Louis Vuitton presenta a súa nova colección de bolsos con reproducións de obras de mestres da historia da Arte -Tiziano, Leonardo Da Vinci, Rubéns, entre outros-, nos sorprendiu. E moito. Os que xa coñecedes o noso traballo entenderedes as nosas razóns; para os que non, aquí vos deixamos un breve manifesto:
Fai case dúas décadas naceu “Arte na pel”, un proxecto creativo de Cabuxa polo cal comezamos a reproducir obras de arte inéditas de artistas nas nosas creacións en pel. A calidade de reprodución da nosa técnica exclusiva, xunto co respecto polo tacto e calidez orixinal da pel, converteunnos en emblema recoñecido da estampación indeleble. Co noso proxecto “Arte na pel” establecimos hai 17 anos os mesmos principios creativos que agora Louis Vuitton anuncia como propios, novos e exclusivos.
Lonxe de coñecer a técnica de estampación da casa francesa, en Cabuxa sorprendeuonos a “apropiación creativa” dun proxecto que levamos perfeccionando desde hai moito tempo tal como hai algúns anos xa publicaba a revista Oficio e Arte. A diferenza do postulado pola firma de luxo, nós si establecemos unha relación contractual con cada artista, cuxa sinatura orixinal aparece nas coleccións nas que reproducimos a súa obra. Como artesáns cremos no poder da arte como medio para a evocación da beleza e no recoñecemento do artista, que en ocasións atopa nas nosas pezas un escaparate para a exposición da súa obra.
Tal como indica o portal fashionnetwork.com que expón a noticia, “un nunca saberá como reaccionarían os grandes pintores do Renacemento ao ver as súas sagradas obras transformadas en bolsos, pero poderiamos imaxinar como reaccionaría Louis Vuitton se alguén se fixese co seu patrón e o usase. Lo demandaría.” (ler máis aquí)
Vaya por diante que non é a nosa intención interponernos na produción da “novedosa liña” de complementos estampados de Louis Vuitton. Como deciamos, o noso interese polas tendencias está moi afastado dos principios expostos polos popes do luxo, sen embargo en casos nos que como este os nosos camiños se entrecruzan, sentimos na necesidade de levantar a voz, facernos eco da noticia e expor a nosa opinión. Mentres tanto, no noso pequeno taller (https://www.cabuxa.com/es/mundo-cabuxa), Cabuxa seguirá fiel aos seus principios de calidade, sustentabilidade, artesanía e respecto íntegro pola orixinalidade creativa.