Cabuxa

O pasatiempo dos príncipes, unha colección ilustrada por Nerina Canzi

Un dos aspectos que máis nos entusiasma no proceso de creación das nosas coleccións é a colaboración con artistas de todo o mundo cujas obras seleccionadas estampamos de forma indeleble sobre bolsos, complementos, accesorios e pezas únicas.. Es nuestro homenaje diario al arte y nuestra apuesta por convertir cada pieza de uso cotidiano en una creación de edición única o limitada pero siempre, por su carácter artesano, irrepetible.

Nerina Canzi é unha das artistas todoterreno que nos fascina; ilustradora, muralista, escritora… Nerina é profesora de debuxo e pintura licenciada pola Escola Nacional de Belas Artes P. Pueyrredón de Buenos Aires. Esta arxentina internacional especializouse durante a súa estancia en Italia e Barcelona, na técnica do trampantojo e a pintura decorativa xunto ao pintor e arquitecto Jorge Bellini. Na actualidade centra o seu traballo no mundo editorial e na ilustración de contos infantís que ela mesma escribe.
A súa obra El pasatiempo de los príncipes condensa a esencia dun estilo propio influenciado polos mestres prerrenacentistas, co que recrea un universo onírico de personaxes fantásticos, atmosferas ricas en texturas e harmonía cromática. Descubri-la foi para nós o punto de partida para a creación dunha colección de bolsos, carteiras, monederos, libretas, agendas… Cada unha das pezas foi deseñada e elaborada, aplicando en todas elas a nosa técnica exclusiva de estampación sobre unha suave pel ecolóxica en tons castáns. A nosa fascinación por esta illistración levouos a seleccionala para a presentación dunha das nosas últimas novidades, os coxíns ilustrados Cabuxa.
En Cabuxa estamos encantados co resultado final da colección. Invitámosvos a coñecer todos os detalles das pezas na nosa web e a que coñezades a inspiradora obra creativa da artista Nerina Canzi.