Máis alá da particular idiosincrasia que nace con cada cultura, a arte é un linguaxe universal que traspasa calquera fronteira e en Cabuxa apostamos firmemente por ela. Se no noso anterior post vos falábamos das marabillosas illistracións da arxentina Nerina Canzi, hoxe atravesamos novamente o charco para presentarvos ao polifacético Luis Castro Enjamio.
Nado en La Habana – Cuba, Enjamio desenvolveu moi pronto a súa faceta artística como ilustrador e debuxante no mundo editorial; primeiro na súa Habana natal e anos despois -a mediados dos anos noventa-, en España onde se instalou trazendo consigo todos os cores da súa illa. Editoriales como Everest, Anaya, Kalandraka, Xerais, Edelvives ou Planeta, entre outras, son testemuñas da característica impronta artística das súas illistracións. Sen embargo, a inquietude creativa de Enjamio levouno a participar en ámbitos tan fascinantes como o deseño, o interiorismo ou os contos infantís; na actualidade combina a illistración cunha das súas últimas paixóns, as mariónas, estridentes personaxes que el mesmo crea -e recrea- en actuacións por distintos puntos do país.
A historia de Cabuxa con Enjamio comeza no ano 2009, durante O feito a man de Vigo, cando un resoluto visitante de encantador acento cubano acercouse ao noso stand para interesarse polos bolsos estampados Cabuxa. Entusiasmado pola calidade técnica da nosa estampación sobre a pel, propoño amosarnos as súas illistracións, convencido de que tamén formarían parte das coleccións Cabuxa. E vaya que si!… Case unha década despois, 6 coleccións, libretas, agendas, portadocumentos, monederos, billeteros e incontables accesorios converteron a Luis Castro Enjamio nun referente da nosa singular Galería de Artistas. En todo este tempo forxamos unha gran amizade que nos permitiu coñecer a evolución da súa obra a través de personaxes de miradas intensas, escenarios fantásticos, cores vibrantes… e ese marabilloso realismo máxico co que a cultura latinoamericana sempre nos sorprende.
Enjamio é deseos creadores que, como os nosos bolsos, levan a arte tatuada na pel, un caleidoscopio creativo cuxa obra resulta hipnótica e case imposible deixar de admirar.