Cabuxa

O lado bonito da vida. As illistracións de Leandro Lamas nas coleccións Cabuxa

“De maior quero ser… pintor” esa foi a conclusión dun neno de apenas 4 anos, despois da visita de Leandro Lamas á súa escola. O artista colabora puntualmente con centros educativos do seu entorno que o invitan para que os alumnos poidan coñecer e charlar co ilustrador de moitos dos seus contos e libros. É fácil entender a empatía dos nenos pola obra do artista porque, como no seu universo, as illistracións de Leandro están cheas de cores alegres, animais sorridentes, fantasía e un linguaxe pictórico de formas redondeadas e amorosas que un neno entende a perfección. E isto mesmo é o que fascina a todo o que descobre a obra do pintor, ilustrador, muralista, escenógrafo e actor ocasional de teatro… Porque Leandro é un artista grande con alma de neno pequeno, cunha capacidade innata para contar historias a través de illistracións optimistas con personaxes e escenas que atraen a nenos e maiores.

Leandro busca na pintura “o lado bonito da vida”, porque como el di con esa retranca tan galega, “do lado feo xa se encargan as noticias”… ¡e vaya se o consegue! As súas obras contan historias sinxelas da vida real desde unha perspectiva chea de optimismo, beleza naifia e dulzura. Foron moitos anos desde que Leandro creara a súa primeira illistración para Cabuxa; en todo este tempo vímoso converterse no artista admirado que é hoxe en día. Sen embargo, sempre conservou a súa gran calidade humana, e a frescura e inocencia da súa obra permanece tan inalterable como aquela primeira illistración que estampamos sobre a pel.

Coleccións como Mulleres Enredadeiras, Cafe Concierto, Tarde de domingo, e Plaza Quintana (xa agotas) ou a máis recente Bebendo de ti, xa forman parte do noso acervo creativo con pezas tan icónicas como o bolso bomboneira “Abril”, o bolso “Urbano” ou o clutch “Anna”, dispoñibles na tenda online Cabuxa.

Para nós é un orgullo contar na nosa Galería cun dos artistas máis representativos do actual escenario creativo de Galicia, co que compartimos proxectos, inquietudes e a percepción da pintura como unha ventá aberta ao “lado bonito da vida”.