Cando a principios do século XX Sonora conseguiu que se instituíse o Día do Pai no calendario, quizais non imaxinaba a trascendencia que esta data tería en todo o mundo. De orixes humildes, Sonora Smart Dodd criouse xunto cos seus cinco irmáns nunha granxa rural do estado de Washington. Co falecemento prematuro da nai, foi o seu proxenitor -un veterano da Guerra Civil- quen asumiu con enteireza e non poucas dificultades a educación dos seis fillos. Anos máis tarde, Sonora non pararía até conseguir que o recoñecemento da figura paterna se equiparase ao que xa se establecera para as nais. O 19 de xuño de 1910 -coincidindo coa onomástica do seu pai- celebrouse por primeira vez o Día do Pai. No noso país tivemos que esperar até 1948; foi grazas aos esforzos dunha mestra de escola, Manuela Vicente Ferrero, que comprendeu a necesidade de instituír un día no calendario para honrar a figura paterna
Resulta inspirador descubrir como a gratitude e a bondade transcenden xeracións. O Día do Pai debería facernos reflexionar sobre tantas historias que como estas suceden ao noso redor, con protagonistas anónimos cos que seguro nos cruzamos a diario. En Cabuxa poñémonos na súa pel facendo o que mellor sabemos: arte na pel co selo Artesanía de Galicia. E facémolo desde o agarimo e a emoción de saber que un práctico portadocumentos, un tarxeteiro, un chaveiro ou unha libreta de colección da nosa tenda en liña, poden converterse na pequena gran homenaxe que todo pai espera.
Na sección de bandoleiras, invitámoste a descubrir o modelo Urbano, o máis solicitado polo noso público masculino; o seu tacto dúctil, asas regulables, cantos lustrados a man e estampación artesanal sobre pel ecolóxica, convérteno no complemento perfecto para pais -e avós!- sen complexos.
Ademais, agora se nos chamas (+34 986 629 197) deseñaremos unha peza en exclusiva para ti ou quen ti elixas ¿Imaxínas unha preciosa axenda ilustrada expresamente para o teu pai? Co noso servizo personalizado, as posibilidades son infinitas. E lembra que en Cabuxa ocupámonos de todo, estarás informado dos avances no deseño da túa peza exclusiva e recibiraa comodamente na túa casa, perfectamente embalada e lista para agasallar.
Porque, como un pai, os nosos complementos en pel son para toda a vida.
Enlaces Externos:




