Ninguén pode resistirse ao espírito do verán. A chegada do bo tempo anima a saír e gozar ao aire libre xa sexa practicando terraceo urbano, de camiñadas polo campo, gozando os chiringuitos de praia, de escapada a destinos exóticos… Facer un bo cambio de armario e seleccionar os complementos de tempada empre é boa idea para organizar os nosos outfits e gozar con estilo e sen agobios dos rigores do verán. Hoxe traemos algúns consellos para escoller o complemento estival perfecto. Inclínate polo estilo que máis se adapte a ti porque todas as nosas pezas –pel 100% bovina- acompañarante durante moitas, moitas tempadas. Toma boa nota.
- Estilo boho: Se o teu son os estilismos relaxados e sen complicacións, o look boho vai contigo. Nos teus complementos aposta polos bolsos bandoleira, un must desta tempada que permite a liberdade de movementos xa sexa cruzado ou ao ombro Os modelos ‘cabuxa’ ou ‘urban’ das coleccións ilustradas por Leandro Lamas, son ideais pola súa gran capacidade, asa regulable, peto interior e peche de clip.. Acompáñao co moedeiro de dúas cremalleiras da mesma colección e terás un set perfecto para converterse no teu compañeiro inseparábel da tempada.
- Urban casual: Para as que o verán vos pilla na cidade, xa sexa traballando ou gozando das terrazas máis chic, en www.cabuxa.com tedes o bolso carteira perfecto. Trátase dunha peza con asa de man, contemporánea e moi funcional coa capacidade perfecta para ser o teu complemento fetiche tanto polo seu deseño e ilustracións orixinais de distintos artistas, como pola maleabilidade da pel e elaboración artesanal. Se es das que non perden un ápice de romanticismo nin sequera na gran cidade, apúntate á moda dos bolsos carteira das coleccións Os soños de Catalina e Nebulosas ue engadirán unha bocanada de aire fresco aos teus estilismos estivais..
- Star style: Se no teu plan de vacacións non pode faltar un ‘non parar de festas’, definitivamente o modelo Noa está feito para ti. Porque xa sexa nun cóctel ou nunha reunión informal, este bolso de man con asa de cadea e pel vai ben con todo. Deseñado en suave pel bovina con peche de imán, cremalleira oculta, forro de liño natural e un precioso estampado estelar na lapela frontal, o modelo Noa está dispoñíbel en dous cores: negro e malva intenso. Un bolso inesquecíbel que te acompañará nas túas mellores noites de verán.
- Viaxeiras e aventureiras do mundo: o bolso bomboneira é o voso complemento ideal por comodidade e versatilidade de uso. Grazas á súa xenerosa capacidade e asas regulables, poderás usalo como mochila ás costas, bolso de ombro ou incluso de man. Na nosa tenda en liña atoparás modelos tan orixinais como o bolso bomboneira da colección Pobo escalonado – ilustrada por Yoshiro Tachibana – cun práctico peto exterior de cremalleira e peche de seguridade para que sempre teñas á man o máis importante. E se nas túas viaxes apostas pola planificación até o último detalle, para ti lanzamos un dos nosos últimos modelos, o bolso pasaportera. Inspirado no estilo bandoleira, o seu tamaño compacto permitirache gardar toda a documentación de forma práctica e segura.
En Cabuxa tes un bolso para cada estilo. E porque sabemos que os bolsos tamén son para o verán, convidámosvos a descubrir na nosa páxina en liña todas as novidades en complementos e accesorios en pel.




