Cabuxa

Bye bye 2015,… ¡ola 2016!

A un paso de despedir o ano e metidos de cheo en celebracións, encontros e excesos, en Cabuxa propoñémosvos facer un resumo do máis destacado do 2015.

Eventos, amigos, viaxes,… experiencias que xa quedan atrás pero deixan pegada e forman parte de cada un.

Aquí vai o noso resumo do ano:

2015 comezou mostrando o noso traballo no mercado navideño de Sevilla. Unha experiencia preciosa e preludio de todas as feiras nas que participamos: Bilbao, Ourense, Segovia, Burgos, Ortigueira, A Coruña, Viveiro, Cuenca,… de todas elas quedamos cos grandes momentos cos amigos e clientes.

De volta a casa e animados pola nosa filosofía colaborativa, creamos a ‘Iª Convocatoria Mozo Creadores – Cabuxa’ cun gran éxito de participación.

Unha experiencia moi enriquecedora que prometemos repetir. Vanessa da Torre, Nerina Canzi ou Pekolejo, -ganador da Iº convocatoria- son algúns dos ilustradores que xa teñen o seu espazo na nosa particular “galería de artistas” da nova web Cabuxa, un entorno que nos permite adaptarnos ás novas necesidades tecnolóxicas e amosar mellor o noso traballo.

E para estar aínda máis cerca do noso público, este ano reforzamos a nosa rede de distribución con novos puntos de venda e cunha selección particular de espazos singulares de Galicia (balnearios, hoteis, spas,…) que de forma itinerante percorrerán as nosas vitrinas con novas creacións.

Despois de moitas xornadas de feiras, novos contactos, investigación e implementación de novas técnicas de traballo, a nosa cabrita decidiu darse un merecido descanso e viaxar.

Esta vez o destino era Londres, unha cidade incrible que coñecimos aproveitando a celebración de “Handmade at Kew”, evento Internacional de Artesanía Contemporánea onde, ademais de coñecer novos creadores, desenvolvemos unha intensa campaña de difusión e promoción da marca.

Ao noso regreso, coa época navideña moi cerca, apostamos por “traernos” o stand da feira a casa e abrir as portas do noso taller ao público para mostrar o proceso de elaboración de Cabuxa e poder adquirir as nosas pezas desde a orixe.

A boa acollida da acción e o seguimento do noso público anímanos a seguir traballando en novas coleccións que verán a luz o próximo ano.

Agardamos que tamén para vós fose un ano intenso de proxectos e ilusións e que o 2016 nos traia a todos grandes e bos momentos.

¡Moi feliz ano 2016, amigos! Vémonos o ano próximo con moitas novidades.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.